Saturday 18 de May de 2024

Ampliado o prazo de solicitude de axudas de estudos para o alumnado do 2º ciclo de educación infantil e do CMUS no curso 2022-23


O Concello de Carballo amplía ata o 10 de maio o prazo de solicitude das axudas de estudos para o alumnado do 2º ciclo de educación infantil e do CMUS correspondentes ao actual curso 2022-23.

REQUISITOS BÁSICOS

É requisito indispensable que o beneficiario e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado no termo municipal de Carballo.
Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa que figura no apartado de Documentos.
LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN
A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
Rexistro Xeral do Concello de Carballo (teléfono 981 704 100) e rexistros auxiliares do Pazo da Cultura (11.00 a 12.30 horas), Fórum Carballo, Servizos Sociais ou Deportes.
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA
Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados, que pode descargarse máis abaixo.
Copia do libro de familia ou certificado literal de nacemento
DNI ou NIF provisional do beneficiario
Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a ou solicitante da axuda.
No caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a.
INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS
No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal
De luns a venres, de 11.00 a 12.30 horas, de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.